Benvidos ao sitio web da Asociación Vontade

En Abril do 2003 un grupo de persoas da comarca do Baixo Miño deciden convocar unha serie de reunións cós servizos sociais dos concellos e con outras entidades implicadas no eido das discapacidades, CoGaMi (Confederación Galega de persoas con discapacidade), FAMFIP (Federación de Minusválidos Físicos da Provincia de Pontevedra) coa intención de crear unha asociación de persoas con discapacidade física na comarca do Baixo Miño. Estas reunións desembocan na convocatoria de encontros con distintos grupos de afectados/as da comarca, e a posta en común da idea inicial; concretándose así a redacción de estatutos, a búsqueda de local social, a convocatoria da asemblea constituinte e que da paso definitivo a creación da asociación Vontade.

Vontade nace por tanto, como a plasmación da “vontade” común dun grupo de persoas que comparten similares problemáticas dentro dunha comarca e que queren contribuír activamente na resolución das mesmas.

Para acadar este fin, pártese dunha filosofía básica: Traballar e colaborar con todo tipo de persoas físicas, xurídicas, organizacións sociais e cás distintas administracións, para desenvolver todo tipo de proxectos na procura dunha total integración do noso colectivo ante o valeiro asociativo existente na zona de residencia.

Polo que Vontade defínese como unha entidade que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gobernamental e de carácter voluntario.